"Pasadizos non tan secretos"
"Pasadizos non tan secretos" Descender cara o que non se ve comporta sempre un aquel de inquedanza. Con frecuencia, intento evitar os pasos subterráneos, como intento evitar as bocas de metro, os corredores angostos e mal iluminados dalgunhas galerías, calquera calella escura que me impida ver o que me agarda ou que interrumpa a tranquilidade necesaria para avanzar no meu camiño. Intento protexerme. Hoxe atraveso o pasadizo. Figuras masculinas van e veñen sen temor aparente... Pregúntome se estas prevencións miñas terán algo que ver coa condición de ser muller...