Mary Quintero
Mary Quintero Naceu no ano 1931, en Melide. Foi a primeira fotógrafa en asinar unha exposición en Galicia e, durante moitos anos, a única muller presente nos congresos da industria fotográfica. Recoñecida como a retratista galega máis prestixiosa da época, chegou a retratar a gran parte da sociedade viguesa... " Cincuenta retratros de mujer " (1950) e " Bellos rostros " (1963) son un bo exemplo do seu traballo. O seu traballo foi innovador en moitos aspectos: .Pioneira en colorear con pincel o branco e negro da fotografía. .Situouse á vangarda (pioneira en España e Portugal) do uso de tecnoloxías como o proxector de fondos e nas técnicas de retoque fotográfico para a fotografía en cor. Confesa Mary Quintero: "Antes as mulleres tiñamos que levar unha rixidez brutal seguindo as normas. Ser fotógrafa permitiume facer o que quería."