"Iguarias"
"Iguarias" O 23-10-21 colocaba eu esta fotografía na que era, naquela altura, a miña conta de Instagram. A palabra "Iguaria" non existe aínda no Dicionario da RAG, pero debería, por iso a tomei do português... como unha forma de reivindicación. Hai palabras que suxiren e estimulan os nosos sentidos, que conteñen unha forza expresiva e unha capacidade de evocación de realidades complexas que van máis aló do que perciben os ollos a simple vista. Con estes elementos diante de min, tan do meu pequeno país, pensei no " dolce far niente "... neses momentos de goce e plenitude nos que non parece necesario nada máis, no valor desas pequenas cousas que fan da vida unha "iguaria".