"Iguarias"

"Iguarias"

   O 23-10-21 colocaba eu esta fotografía na que era, naquela altura, a miña conta de Instagram.

   A palabra "Iguaria" non existe aínda no Dicionario da RAG, pero debería, por iso a tomei do português... como unha forma de reivindicación.

   Hai palabras que suxiren e estimulan os nosos sentidos, que conteñen unha forza expresiva e unha capacidade de evocación de realidades complexas que van máis aló do que perciben os ollos a simple vista. 

   Con estes elementos diante de min, tan do meu pequeno país, pensei no "dolce far niente"... neses momentos de goce e plenitude nos que non parece necesario nada máis, no valor desas pequenas cousas que fan da vida unha "iguaria".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats