"Xogos de inverno"
"Xogos de inverno" Os días de choiva traen case sempre consigo un aroma a nostalxia e a tempo pasado e lento... A imaxe do neno atravesando a rúa ao abeiro do seu paraugas na procura das pozas do camiño como único elemento de distracción alleo á adversidade do contexto... As palabras de Neira Vilas veñen soas..."Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén..." ( Memorias dun neno labrego ) Imaxes e palabras que constrúen mundos...