Sion Fullana

Sion Fullana

Sion Fullana

   "Contador de historias e narrador do cotián", como el mesmo se define, é un profesional da Narrativa Visual, nado en Manacor (1976), considerado como un dos artistas pioneiros a nivel internacional da revolución da fotografía móbil.

   Das súas propias palabras, podemos deducir o que Sión entende por fotografía:


   "A miña maior paixón, e na que trato de enfocar todo o meu traballo, é a arte de contar unha boa historia. Da miña formación en xornalismo, sei como captar a esencia máis real e honesta dun evento, suxeito, persoa ou un momento de vida na rúa, e como transmitir esa mensaxe con éxito. Por outra banda, cos meus estudos e paixón polo cinema, incorporo unha estética cinematográfica ao meu traballo, coa intención de crear historias e imaxes evocativas, que adquiren vida na mente da audiencia."

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats