"O burro de Buridán"
![]() |
| |
Na casa de meu pai, cando el era neno, tiñan un pequeno burro para levar o leite á parroquia de Becín, no outro lado do monte. Unha mañá, cando xa estaban a medio camiño e coa carga ao lombo, o burro caeu ao chan como se estivese morto. Moi asustado, meu pai soltou as cinchas que suxeitaban a albarda e as cántaras do leite para aliviar o animal. Cando por fin se viu liberado, o burro resucitou e escapou de volta para a casa.
Non todos son como o burro de Buridán…

Comentarios
Publicar un comentario