"Nai" (Viaxeiras...)

Nai.


     Xa nada era igual na túa ollada. Canto baleiro amoreado no teu xesto. Tantos anos compartidos, tantos desvelos, non serviron para achegarnos e sermos cómplices nos últimos momentos, nin para saber máis a unha da outra, nin para dar e recibir consellos derradeiros. Anque, en realidade, nunca fuches moito así…

          Agora preciso lembrar vivencias, momentos despreocupados e lixeiros nos que pensabamos que o tempo non corría para nós e o futuro estaría sempre aí ao alcance dos desexos. 

          Entre esforzos imposibles de memoria sento no teu sofá coa caixiña que atesoura outros instantes… 

          Preciso escarvar nese pasado, pescudar nas fotos que deixaches por ver que queda aínda de ti e de min.




 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats