Manuel Ferrol
Manuel Ferrol
![]() |
É un fotógrafo galego, nado en Cabo Vilán, Camariñas, no ano 1923. Morreu no 2003. Internacionalmente é coñecido como o fotógrafo da emigración e está considerado como un dos grandes fotógrafos do s.XX.
<<Ferrol emprega unha linguaxe concisa e directa, ao servizo dunha mensaxe cargada de profundo patetismo: rostros desenfocados, composición heterodoxa, figuras fóra de foco, luces saturadas... Todo un conxunto de erros e carencias técnicas que non só non mermaban a eficacia narrativa das fotografías senón que incluso enfatizaban o seu dramatismo>> diría da fotografía de Manuel Ferrol, Publio López Mondéjar en 150 años de fotografía en España.
Do propio Manuel Ferrol quédanos a seguinte reflexión:
"Sentín a necesidade de reflexar o que sentía, en ningún caso o que vía"

Comentarios
Publicar un comentario