"Amig@s"



  Os domingos son días distintos, desde sempre mo pareceron.

Son días que poñen a proba a capacidade de inventar a vida; de enfrontarse cara a cara cun mesmo e coas cousas e persoas do propio entorno, coas escollas realizadas; medidores de autosatisfacción que sacan a relucir os trapos sucios da intimidade presente.

O mundo paralízase os domingos, ponse en stand bye deixando ao descuberto fortalezas e carencias, por iso son días moi propicios para a nostalxia, para as lembranzas e o recordo de ausencias… se as houber.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats