"Reencontros..."
![]() |
| Reencontros... |
A vida é caprichosa e sorprendente, teimuda moitas veces para alén de plans persoais predicibles, preestablecidos ou mesmo calculados. Parece ter vontade propia e moverse á marxe de vontades alleas impoñendo os seus designios con absoluta determinación.
E xoga coas persoas como fai o vento coas follas nos outonos. Separa ou une ao seu antollo, establece frecuencias, xiros e viraxes, voltas e reviravoltas. Pequenos e grandes cataclismos. Tamén, momentos únicos que debemos inmortalizar… reencontros necesarios.

Comentarios
Publicar un comentario