"Batallas perdidas"
![]() |
| "Batallas perdidas" |
Amable e gostoso moitas veces; violento e retador cando quere... o tempo é así. Ninguén pode controlar os seus vaivéns, ese ímpeto caprichoso de quen se sabe vencedor de tantos e tan vellos dasafíos. De nada serve acoutarlle estacións de conveniencia, establecer con el pactos protocolarios preconcibidos ou agardar, nin sequera, calquera sorte de benevolencia. Co tempo non se xoga. Se callar algunha sorte de vinganza explique o seu livián comportamento.
E así chegou maio, cuberto de choivas, de frío e de vento, lembrando que calquera batalla contra el é unha batalla perdida...

Comentarios
Publicar un comentario