Viaxeiras...


  

   Nesta serie de fotos que dei en chamar VIAXEIRAS non importan tanto os rostros concretos como as meras presenzas, as situacións e o contexto que suxiren, os lugares e momentos que evocan nas nosas cabezas e nos nosos corazóns... que nos reconcilian co feito de ser muller e de protagonizar o propio devir.

  A viaxe, aquí, non fai referencia ao significado máis habitual da palabra, pois non se refire a grandes desprazamentos físicos para os que son precisas moitas maletas nin demasiada equipaxe...

  A viaxe que eu propoño ten máis que ver coas enormes "mochilas interiores" que pesan sobre as costas de todas as mulleres...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats