"Ao abrigo do faro"

 

"Ao abrigo do faro"         


   A primavera está próxima e manda recado. Os días son curtos aínda e hai que aproveitar a raiola que baila entre as nubes e o vento. Hai que facer do domingo un día distinto, un día de domingo.

   Hoxe o xantar foi máis tardeiro que de costume... coa familia, coa parella, con xente amiga, xa se sabe. Gozar da tarde de sol, anque refresque xa un pouco, é, desde sempre, un ritual na vila de obrigado cumprimento e, como en procesión, todos se van achegando ao abrigo do faro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats