Ramón Masats


Ramón Masats         

O pasado 4 de marzo, deixounos, aos 92 anos, o artista catalán Ramón Masats, o fotógrafo do "instante decisivo" segundo dixo del o tamén fotógrafo Carlos Pérez Siquier  (para el, o Cartier-Bresson español). Formou parte  da xeración dourada da fotografía española, a dos anos 50.
Nun momento en que a fotografía española se atopaba constrinxida e onde a imaxinación parecía xogar un papel secundario, coa súa obra, contribuíu  a renovar esta disciplina desde unha ollada en branco e negro, neorrealista. Coa súa habilidade especial para captar con sentido do humor a ironía das situacións constrúe o retrato de toda unha época. 
Masats non tivo unha formación regrada. Dedicouse simplemente a mostrar ao mundo a súa visión persoal, a ofrecer un punto de vista que ninguén máis podía capturar.

   "O meu estilo foi intentar facer cousas diferentes, a verdade é que eu tampouco sei ben en que consiste. Eu fotografaba os tópicos porque me interesaban, pero procuraba non facelo da forma habitual."







 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."