Viaxeiras...

 


   Das follas do calendario cae aínda inverno, pero o sol quixo botarlles un pulso e loce con toda a súa forza e galanura.

   Se acudir á chamada do mar é decote unha tentación, hoxe é case unha obriga. Hai cousas que sentan ben.

   Ningún bañista na auga. Só area e mar interactúan nun xogo cómplice de infinitos. Só algunha xente que pasa, se detén e mira.

   Que ten o mar que nos cativa... esas mareas que algo traen e algo quitan aos corazóns senlleiros. E catívanos a xente que mira o mar en solitario...

   Mirar a quen mira o mar é apropiármonos un pouco dese misterio.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats