"Ás cegas"

"Ás cegas"            

    Os portugueses teñen unha expresión que me gusta: “dar-se com alguem”, para indicar que hai boa sintonía entre dúas persoas. Paréceme acaída tamén para falar do feito fotográfico, para describir a relación que se pode establecer entre unha fotografía, a persoa que a fai e o público que a ve…

            Non sempre a captura que se obtén se corresponde coa imaxe que se debuxou na retina de quen fixo o disparo...


            Ás veces, algo semella interpoñerse entre o corazón, o ollo e a máquina. Son fotos sen alma, baleiras, carentes de significado e de escaso interese para quen se achega a elas anque sexan tecnicamente perfectas…


            Se callar, toda fotografía non debe ser máis ca un acto de amor.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Nai" (Viaxeiras...)

Alberto Schommer