"Colita" (Isabel Steva Hernández)

 "COLITA"

   

   

A naturalidade era o seu selo persoal. A fotografía, como unha enfermidade ou un vicio que nunca a abandonou, retratando todo o que a rodeaba sempre, sempre.

Con máis de cinco décadas de profesión, toda unha vida, poucas son as persoas, os acontecementos ou os lugares que escaparon ao seu obxectivo  (Colita, unha vida chamada fotografía, vídeo cunha interesante entrevista á autora)

A súa fórmula para ser considerada unha das fotoperiodistas españolas máis importantes é moi sinxela: saber mirar. Así o explica ela:

     

    “Imaxina que tes un eixo. Unha fotografía é cando, ao disparar, disparas
co cerebro, cos ollos e co corazón. Dá igual o que teñas nas mans… Se ti traballas coa cabeza, cos ollos e co corazón ten que saír unha boa foto.
   Se non te emocionas co que fas, entón es como unha especie de leituga cunha cámara. Téñome que emocionar co que fago. Se te emocionas, a foto sae: cabeza, ollos e corazón, o mesmo eixe.”


  “Cando me apague, apagarase a miña cámara tamén”



Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats