"Paseo de Aninovo"

                                                                               

"Paseo de Aninovo"                        

 

    Aninovo. A cidade dorme aínda como querendo aferrarse á última noite de ano. 

   Non hai présa por comezar cos novos propósitos formulados de hai pouco á calor de celebracións e despedidas. Doce meses por diante, o ano está completo e non hai lugar para a desculpa, a tantas veces repetida "para o ano"... É a hora da verdade.

   Na rúa, os máis madrugadores deambulan sumándose a inercias consabidas; só as persoas que pasean cans parecen saber cal é o seu destino.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats