"Retrato en B/N"
![]() |
| "Retrato en B/N" |
Adoro os retratos, especialmente os que están en branco e negro, ese traballo minucioso de reescritura, case filigrana, que fai a luz sobre as pegadas da vida gravadas nos rostros das persoas.
A ilusión de intuír os pensamentos que albergan, de achegarnos ao pasado que arrastran e mesmo de adiviñar expectativas futuras, nese xogo de contrastes luminosos que vai do branco ao negro, alimenta a atmosfera que se crea e atrapa definitivamente a nosa vontade de saber máis sobre a figura.
Coñecer mellor ou inventar de cero o personaxe, facelo noso... é un dos poderes que nos outorga esta fotografía, a fotografía.

Comentarios
Publicar un comentario