"A casa polo tellado"
![]() |
| "A casa polo tellado" |
Se tivese que escoller unha figura retórica para esta fotografía, probablemente pensaría na Sinécdoque.
Os elementos que compoñen ese "tellado" lévanme a imaxinar a casa enteira, a atribuírlle cualidades e características acordes coas dimensións que me suxiren a disposición de liñas, o tamaño da cheminea, esta combinación de cores. Incluso máis, penso nas xentes que poden habitala e nun lugar... talvez real.

Comentarios
Publicar un comentario