"U-la lúa??"

 

Coa pregunta "U-la lúa??" titulaba eu esta foto publicada en Instagram o 5-9-21.

O adverbio U (usado sempre en interrogación, sen verbo e seguido das segundas formas do artigo ou do pronome) permitíame usar a aliteración ou repetición do establecendo unha especie de xogo coa palabra Lúa... xustamente o elemento que provocaba a toma desta instantánea cando de repente a descubrín entre os edificios e que case pasa desapercibida ante os meus ollos naquel luscofusco aínda tan cheo de luz e de color. 

O acabado un tanto borroso ou pouco definido era a guinda perfecta para obter un escenario fantástico con sabor a banda deseñada...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats