Antes de máis... (a modo de Presentación)
![]() |
| "Na senda do caracol" |
ESTE blog, que inicia hoxe a súa andadura, ten como orixe nunha experiencia negativa: o roubo da miña conta de Instagram e a imposibilidade de recuperala.
Denunciado o feito na policía, en Facebook e no propio Instagram, a ninguén pareceu importarlle. Non houbo respostas.
Decidín non deixarme levar polo desánimo e volver comezar, pero esta vez non desde cero.
No meu propósito está restituír aquelas "fotos roubadas", incorporar o novo material fotográfico que vaia facendo e tamén, por que non, abrir un espazo para a reflexión sobre o significado da fotografía a partir do pensamento de fotógrafos e fotógrafas que poidan servirnos de referente a todas as persoas que sentimos algún tipo de paixón por esta arte.
Neste inicio, a primeira foto desta nova xeira á que puxen por título "a senda do caracol"... así me sinto.

Comentarios
Publicar un comentario