"Suxestión" (Torre de Hércules)
![]() |
| "Suxestión" |
Con esta foto, á que lle puxen por nome "Suxestión", iniciaba eu o 3/9/21, en Instagram, a miña andaina fotográfica.
Hoxe, case dous anos máis tarde, volvo iniciar con ela o apartado que chamarei "FOTOS ROUBADAS" no que, como anunciaba na presentación deste blog ("A... de antes de máis), pretendo rescatar do cativerio todas as imaxes que me foran arrebatadas, coma quen di, da noite para a mañá e que para min teñen, ademais do significado testemuñal inevitable, un gran valor emocional.
Agardo que gocedes deste material e que compartades comigo estas experiencias fotográficas.

Comentarios
Publicar un comentario