Carlos Bosch

 Carlos Bosch

   O 23-xuño do 2020, nun titular podía lerse: Morre Carlos Bosch, o fotógrafo arxentino que fixo da noticia cotiá unha arte.

O seu retrato de Dalí postrado no hospital, o de Cortázar pouco antes do seu pasamento e feitos como de facerse pasar por falanxista en Madrid durante tres anos co único obxectivo de retratar a realidade da transición española, entre outros, fixérono famoso.

Deixo aquí algunhas das súas reflexións sobre fotografía

"Cando fago unha foto, non a fago polo que van dicir ou non van dicir. Fágoas para comunicar o que me pasa a min e que se entenda"
"A fotografía é testemuñar, costruír memoria e para iso o fotógrafo sempre toma unha posición que é política, moral ou ética... Un saca o que pensa da realidade"




Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats