"Na outra beira..."
![]() |
| "Na outra beira..." |
Se rebuscamos nos manuais, poderemos averiguar que o medo a cruzar pontes ten nome: "xefirofobia".
Se callar, non con tanta intensidade, pero con frecuencia, o descoñecido esperta unha certa inquedanza...
Non vemos o que hai na outra banda; non sabemos que sorpresas nos deparará atravesalas...
Neste caso, o branco-negro dálle a man a esa inquietude.
.

Comentarios
Publicar un comentario