"Case verán na lagoa de Baldaio"

"Case verán na lagoa de Baldaio"

   

   Houbo un tempo en que Baldaio foi  explotado por empresas privadas para a extracción de area. Destruíran a paisaxe da ría, modificaran as súas correntes e impediran ao vecindario levar a cabo os tradicionais labores de marisqueo cos que subsistía...

   Despois dunha batalla longa, cruenta, moi dura, por fin a lagoa volve ser o que foi: un dos humedais máis importantes de Galicia e zona de especial protección ambiental.

   Hoxe, na calma das primeiras horas da tarde, a Lagoa sestea agardando, paciente, a chegada do verán...

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats