Ouka Leele
Ouka Leele


É o nome artístico de Bárbara Allende Gil de Biedma, artista multidisciplinar moi coñecida polas súas obras nas que mestura fotografía e pintura cun estilo absolutamente único.
Como artista, formou parte da Movida madrileña dos anos 80, corrente contracultural que xurdiu na época da Transición, despois da morte do ditador.
Cando comezou dedicábase exclusivamente á fotografía en branco e negro. Co tempo, introduciu a cor pintando directamente as copias con acuarela unindo as súas dúas paixóns: fotografía e pintura.
Un par de reflexións de Ouka Leele sobre fotografía:
"Hai que facer o que che dea a gana, o que che saia cada día. O teu estilo es ti"
"O artista ten que innovar, anque conte o mesmo. Anque xa se teña falado de circo, tes que volver falar do circo con outra ollada"
Comentarios
Publicar un comentario