Carlos Saura

 Carlos Saura

    É unha figura importante da historia do cinema español, pero antes de dedicarse ao cine, xa descubrira o valor da fotografía como testemuña e como lugar para a memoria... Ela foi unha das súas grandes paixóns.

   As súas fotografías eran expresionistas e cotiás, recollían a vida dos lugares que o rodeaban. Reparaba en detalles, rostros, nas sombras, nas paisaxes... algo así como se construíse un dos seus fantásticos documentais, pero sen son. 

   Deixo aquí unha das súas reflexións...

   "A fotografía é algo terrible, un dos inventos máis maquiavélicos da historia da humanidade porque, dalgunha maneira, cada vez que disparamos unha cámara o que obtemos e gardamos é xa pasado, o cal é bastante desacougante. É o tremendo da fotografía, que fala de tempos que xa non volverán"




Comentarios

Publicacións populares deste blog

"O burro de Buridán"

"Reencontros..."

Ramón Masats