Ruth Matilda Anderson
Ruth Matilda Anderson
![]() |
Nada en Nebraska (1893), viaxou a Galicia en 1924 como fotógrafa para a Sociedade Hispánica de América.
Aquí conseguiu documentar a vida e os costumes das xentes en zonas de moi complicado acceso, e en especial de mulleres e nenos nun tempo no que ser protagonista feminina non era doado.
Ata ese momento tampouco as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto principal de atención para a fotografía dun modo tan exhaustivo.
Anque foi pioneira na concepción da fotografía como ferramenta de investigación e construción científica, defendia o elevado potencial da imaxe fotográfica para transferir e suscitar emocións:
"A fotografía é unha técnica precisa e complexa, anque extraordinariamente dotada de vida e cualidades orgánicas, capaz de reflectir as condicións e circunstancias en que foi realizada e portadora de significados non visibles e ocultos tras a aparente materialidade do representado"

Comentarios
Publicar un comentario